Árbore de Nadal naceu nas Rías na cuncha dun centolo. Chegada á madurez decidíu partir cara ambientes menos acuáticos, deixando atrás o seu pasado e boa parte das súas raices.
No transcurso da súa case diáspora, deu co Trasno das Bombillas Fundidas; un megalómano e autocrático ser que fai e desfai ó seu antollo. Éste mesmo, meteulle entre pola e pola, a Árbore de Nadal, a idea de traballar como modelo de nadal; pois sen dúbida, o seu porte e talante, daban boa madeira para un barniz acrílico.
Cansa da modelaxe, e presa dunha fobía terrible ás mazás golden, entrou na Liorta de Nadal na busca de respostas ás preguntas dos sobres de azucre.