Liorta no Nadal

Bola de Nadal, descendente directo do Trasno das Bombillas Fundidas e dunha bola de discoteca, decidíu seguir os pasos do seu pai e aventurouse no mundo da electricidade, creando o primeiro, de moitos, pementos de padrón;ou iso conta a lenda...

Bola de Nadal ca súa nai.

Estudando con carraxe e furor en todos os garitos e tabernas de Compostela, rematou a carreira e emprendeu viaxe polo que parecía, na fin, o Camiño de Santiago.


De palabras feiticeiras dunha 'pilingrina' de Noruega, Bola de Nadal escoitou que o vento do norte, algunas veces, tamén regresaba do sur. Esta iluminación provocou unha rápida e soporífera transformación nos filamentos do seu adn discotequeiro, e partíu á Liorta de Nadal.

Bola de Nadal
Elemento:
Luz
Vida:
Cósmica
Maná:
666
Forza:
60W
Arma:
Reis Magos