Liorta no Nadal

Reno Cacholán medrou entre a casa familiar e exercitar o seu pescozo no ximnasio; posible inspiración para Francisco de Quevedo, pois non era soamente este reno cacholán, senon ben parecido como Pinocho.

Reno Cacholán con Pinocho

Axiña coñeceu o desamor da man da inflacción, pasando dos boliños de leite a cereais peristálticos, de marca. Este feito provocou a súa partida do seo familiar cara a Illa de Madeira; terra adoptiva do seu amigo barnizado. O sol e a falta de neve puxérono triste, e regresou.


O que facía uns anos era un pequeno pazo feito a man polo seu tatarataravó, con traballo e suor dos seus lacaios, era agora unha cuadra, con maseira de catro michelíns, para porquiños e porquiñas de alto berce. Reno Cacholán, arrepiado e sen pantalóns marróns, fuxíu sen rumbo ata atoperse, sen sabelo, na Liorta de Nadal.

Reno Cacholán
Elemento:
Lume
Vida:
Escasa
Maná:
Forza:
Ruín
Arma:
Boneco de Xenxibre