Cadrado Azul, xurdíu dun experimento levado a cabo polas mentes máis brillantes do século XX, que para variar, foi fallido. O que tería creado unha porta á cuarta dimensión, producíu un cadrado azul de catro lados; non tres nen dous, catro.Logo de anos pechado nunha base de pizza conxelada, fuxíu cara a liberdade fora dun conxelador siberiano, embarcándose nun submarino subatómico subacuático da era Reagan.
Após innumerables mareas e tormentas pacíficas, e atlánticas, desembarcou en Noia. Sen futuro e sen cartos, buscou traballo de actor, vivindo así unha boa tempada entre o glamour, riqueza e poder da teletenda dos martes noite.
Un idilio cunha actriz romboide, catro divorcios e sete aventuras cas fillas de Euclides, deron por finalizada a carreira do Cadrado Azul no mundo do espectáculo e da Société. Soamente quedáballe a Liorta no Nadal.